Nada en Santiago de Compostela(Galiza) en 1984,e emparentada a coñecidos pintores e escultores como Jesus Antonio Caulonga Pereira a pintura forma parte de ela como un recurso constante ao que acude para relaxarse, expresarse,ou simplemente crear..
Tivo o seu primer contacto con o óleo aos 10 anos, dende aquela a pintura forma parte da súa vida.
Ate a actualidade seguiu cultivando a súa faceta artística de forma autodidácta e en diferentes períodos e lugares.
Ainda que ve na pintura un hobbie para ela, dedícalle moito tempo e ilusión, creando diferentes coleccións onde busca a súa marca de identidade. dende Galician Forest, onde plasma todos os animais, plantas que viu algunha vez, ate coleccións máis abstractas e experimentais como Ecologic Art onde usa mateiriais orgánicos e que representan o efímero que é a arte, as tendencias e as correntes artísticas.
Actualmente mistura a pintura con outras técnicas como a de collage, buscando creacións que sorprendan e transmitan umha vision diferente.